Diagnóstico da situación e estudo de mercado do Mercado de Padrón

Un mercado con historia… e con futuro.

En Crea e Innova, realizamos un exhaustivo estudo de diagnóstico e rigoroso estudo de mercado do Mercado de Padrón, analizando a súa situación actual, o funcionamento, os perfís dos vendedores e consumidores, e as oportunidades de mellora desde todas as perspectivas.

Este traballo serve como base estratéxica para definir accións realistas e eficaces adaptadas ao contexto local, e é clave para obter financiamento público que permita un salto significativo na modernización e revitalización deste mercado.

Un exemplo real de consultoría eficaz centrada en xerar un impacto positivo nos negocios locais e no futuro dos espazos públicos.