Dinamización Coworking da Pobra do Caramiñal

Coworking da Pobra · Comunicación e promoción dun espazo para o emprendemento. Un espazo con potencial que necesitaba ser coñecido.

O coworking na Pobra tiña todo o necesario para converterse nun punto de referencia para profesionais, emprendedores e novos proxectos: instalacións modernas, espazos funcionais e un ambiente deseñado para traballar, colaborar e medrar.

O reto non estaba dentro do espazo, senón fóra. Necesitaba ser visible e achegado á comunidade.

Construíndo unha presenza recoñecible

Definimos unha estratexia de comunicación capaz de transmitir todo o que ofrecía o espazo de coworking: profesionalidade, comunidade, colaboración e novas oportunidades.

No ámbito dixital, xestionamos as redes sociais, xerando contidos que mostrasen a realidade do espazo, as súas instalacións, servizos e posibilidades. A nosa comunicación foi accesible e persoal, centrada nas persoas que podían formar parte del.

Pero sabiamos que a visibilidade tamén tiña que construírse na rúa.

Estar onde está a xente

Para reforzar o impacto da campaña, desenvolvemos diversas iniciativas de comunicación exterior en lugares estratéxicos de todo o municipio.

Accións realizadas:

  • Deseño e instalación dunha pancarta de gran formato na rotonda principal de entrada ao municipio
  • Colocación de tótems promocionais en zonas de moito tránsito e reunións
  • Xestión e promoción das redes sociais
  • Creación de materiais de comunicación e divulgación

Un proxecto en evolución

A estratexia non se concibiu como unha acción puntual, senón como un esforzo continuo para posicionar e consolidar a súa presenza.

A través de diversas fases, o Coworking da Pobra gañou visibilidade, recoñecemento e capacidade para chegar a novos públicos, converténdose nun recurso cada vez máis destacado dentro do municipio.

Porque cando un espazo xera oportunidades, o importante é que a xente saiba que existe, o atope e o faga seu.