Campaña do comercio local
2025 foi o ano de abrir escaparates… aínda que estivesen pechados.
Porque na Pobra do Caramiñal tiñamos escaparates baleiros, si. Pero tamén tiñamos negocios activos, con historia, con alma, con clientes fieis.
E decidimos: dar visibilidade ao que xa existe… pero ás veces pasa desapercibido.
Así naceu esta campaña.
Con enxeño galeguista e visión de futuro.
Envolvemos os escaparates de locais baleiros con imaxes de negocios reais que prosperan na vila. Cafeterías, tendas de barrio, mobles… Nomes e rostros coñecidos que dan vida ás rúas e serven de inspiración para aqueles que se plantexan crear o seu propio negocio.
“As oportunidades son como a choiva en Galicia: sempre están aí, só hai que aproveitalas!”
Frases que fan pensar e sorrir.
E que, ao mesmo tempo, invitan a mirar os negocios locais con ollos novos.
Pero non paramos aí.
Cada escaparate incluía un código QR que enlazaba a un sitio web con información actualizada:
- Todos os locais dispoñibles para alugar.
- Todos os negocios que aparecen na campaña.
E moito máis.
Nun lugar clave da vila, instalamos unha pantalla dixital, visible desde lonxe, que percorre en bucle os locais dispoñibles.
Outro escaparate. Pero en movemento.
Porque na comunicación, como no comercio local, a clave é ser accesible, contar a historia e espertar interese.
E se esta campaña leva ao aluguer dun local… mellor.
Un proxecto con alma local… para que os escaparates xa non queden baleiros.
