Campaña de promoción turística da ruta "A Orixe" no Camiño Francés

Mancomunidad Barbanza Arousa · A Orixe

Onde todo comeza

“A Orixe” nace cun obxectivo claro: destacar a orixe do Camiño e reivindicar o papel da Barbanza Arousa dentro da historia do Camiño de Santiago.

Trátase dunha ruta de máis de 130 quilómetros que comeza no Faro de Corrubedo, atravesa varios concellos da comarca e conecta co Camiño Portugués para culminar en Santiago de Compostela.

Con esta campaña, traballamos nunha idea tan sinxela como potente: lembrarlles aos peregrinos que hai outro punto de partida, outra historia e outra forma de vivir o Camiño.

Unha campaña no lugar axeitado

Para iso, levamos a mensaxe a algúns dos puntos con maior tránsito de peregrinos do Camiño Francés, buscando impactar a aqueles que xa estaban a vivir o Camiño.

Accións

  • Instalación dunha pancarta de gran formato en Arzúa, situada nun punto estratéxico da ruta.
  • Deseño e distribución dunha campaña audiovisual en pantallas dixitais en Santiago de Compostela, adaptada a formatos de alta visibilidade.

O resultado

Unha campaña de comunicación directa e perfectamente contextualizada, capaz de espertar a curiosidade de miles de peregrinos e reforzar o posicionamento da Orixe como unha ruta con identidade propia dentro do Camiño de Santiago.

Porque ás veces, as mellores historias non precisan máis ruído. Xusto o lugar axeitado para ser contadas.